carteleira

venres 18 abril 2008

En Vigo, o día 19 Rober Bodegas. Monólogos

En Cangas, o día 19, A Bombilla Máxica, de Teatro do Atlántico

En coruña, sábado e Domingo, Titiricircus de Títeres Tanxarina.

En Santiago, mañán sábado, Gala da maxia.

En Ribadeo, o día 23, Unha de amor de Artello teatro alla scala

 

actores multidisplinares

venres 18 abril 2008

Esta semana foron os premios Mestre Mateo, que se outorga o medio audiovisula galego ós mellores traballos audiovisuais nos que había maiormente diñeiro de subvencións galegas.

 Houbo dúas cousas que me chamaron a atención.

Unha o premio dado a Ernesto Chao pola súa carreira, que el fixo extensivo a todos os actores e actrices da súa xeración que foron os que inventaron o teatro e o audiovisual galego.

 Outra a mención que fixeron Morris e Manquiña ós papeis que nos dan cando traballamos en películas ou series de fora de Galicia. Narcos, maltratadores, etc...

 Co que eu me puxen a debullar  sobre as dúas cousas.

 E é que ademais eu teño o aquel de que os actores e actrices de Galicia somos un tanto clandestinos para o público. O público galego sabe que ten actores bós cando os ve na televisión. Non sabe que antes puido velos en teatro. E o que é peor, non sabe que hoxe, mañán ou pasado pode velos nun teatro perto da súa casa en vivo e en directo.

 Asi que dende a Radio Galega, servicio público, propóñome publicitar unha lista INCOMPLETA de actores e actrices que traballan en Galicia co humilde propósito de entretelos e divertilos a todos vostedes.

 Comezamos pola quinta de Ernesto Chao. Esa quinta que inventou todo este chiringuito audiovisual. Sen eles... a saber o que habería aquí.

 ERNESTO CHAO

Popularísimo com Miro Pereira, de “Pratos combinados”. Leva actuando polo mundo adiante desde 1970. Fixo moitas obras de teatro, entre elas unha das mais importantes do teatro galego: “Celtas sen filtro”. Que foi todo un suceso no seu tempo.

Non fixo de maltratador, creo que nin de narcotraficante, pero si de enfermo terminal, anque non foi en “Hospital Central” senón nunha telemovie chamada “Condenado a Vivir” na que facía de Ramón Sampedro.

Xa leva catro premios de actor.

¿Sabíades que mesmo foi artesán de marquetería e cantante de orquestra? Pois foi tal.

Poden velo aínda ca súa compañía “Lagartalagarta” nun espectáculo chamado “As últimas lúas”, polo que lle deron o premio “María Casares”  deste ano, ó mellor actor protagonista.
http://gl.wikipedia.org/wiki/Ernesto_Chao

 GONZALO URIARTE

Un actor entrañable. Agora coñecido polo personaxe que fai en “Libro de familia”, o avó.

Pois Gonzalo Uriarte, entre outros personaxes, foi o xastre de “A língua das bolboretas”, o pai do neno protagonista. É un dos actores galegos que foi morrer a “Hospital Central” de Tele5. E tamén fixo de gánster e de policía corrupto.

 Participou nunha das primeiras películas do cine galego: “Continental”. E foi fundador dunha das compañías mais importantes da historia do teatro en Galicia: Troula.

Agora poden velo nos teatro de Galicia cunha obra da compañía Teatro do Atlántico titulada “A Bombilla Máxica”
http://gl.wikipedia.org/wiki/Gonzalo_Uriarte



PICO
 

Outro dos fundacionais, que sempre anda entre o teatro, o cine e a tele indistintamente.

Fixo de todo. Participou noutra das películas fundacionais do cine galego “Sempre Xonxa” e noutros traballos de Chano Piñeiro. Tamén padeceu en “Hospital Central” e taballou con Vicente Aranda, Mario Gas, José Luís Cuerda.

Estivo no musical que dirixíu Mario Gas de “Golfus de roma”

Foi avogado en “Pratos Combinados” e agora fai de Bispo en “Padre Casares”.

Tamén foi obreiro emigrante nos Estados Unidos e cantante de orquestra entre outras gloriosas ocupacións. Estudou no seminario, creo.

Ata hai nada puido verselle nos teatros de Galicia en “A Piragua” e mais en “Noite de Reis”, as dúas do Centro Dramático Galego. E antes de que remate o ano noutra obra con Ernesto Chao, na compañía del “Lagartalagarta”

  MABEL RIVERA

Mabel é outra dos galápagos fundacionais. Desde os estaleiros de Astano ós escenarios. De Ferrol ó mundo. Ten todo o que colle entre o que lle chaman “vis cómica” e “mala hostia”. Unha muller completa.

Gracias a “Mar adentro” a xente descubríu que non era tan parva como o personaxe de “Pratos combinados”. E agora “O Orfanato”, “Mataharis”, “Los fantas de Goya” con Milos Forman...

En teatro está xirando por Galicia unha obra na que ela participou na dirección chamada “O club da calceta” da compañía Teatro do  Morcego – a compañía de Celso Parada, o emigrante retornado de “Libro de Familia”.

E está ela preparando un espectáculo de teatro, que non sei se vai estar para fin de ano ou xa para o ano que ven.
 
http://www.mabelrivera.net/idioma0.html

 LUÍSA MERELAS

Outra das grandes. Pouco coñecida, pero unha actriz maravillosa.

Fixo de taberneira en “Terras de Miranda”. Pero é das históricas do teatro de Coruña. Teatro Circo, Sala Luís Seoane... non se ve pero se lle oe moito na tele porque fai moita dobraxe.

Agora está actuando na obra “O club da calceta” que falamos antes a conta de Mabel Rivera. Da peza non falo, que non a vin. Pero seguro que paga a pena o traballo de Luísa.

 








MELA CASAL

Outra vaca no millo.

A popularísima alcaldesa de Portozás en “Mareas Vivas”, Socorrito en “Luar”, viúva en “A vida por diante”. Actriz polifacética que o mesmo che prancha un ovo que che frite unha garabata.

Unha pouco-vergonza, con pouco sentido do ridículo, sempre chaman a atención mais as gafas que os seus ollos. Un encanto de muller.

Quen teña un cine perto da casa pode ir vela na película “Pradolongo”, se a carteleira llo permite. Porque, abro paréntese, é mais fácil ver teatro galego que cine galego. Pecho paréntese.

Ben, pois agora anda polos teatros adiante cun especta´culo que se chama “Rotas” que representa ca súa compañía “Pífano”, na que tamén manda e actúa oura actriz coñecida por todos Gloria Ferreiro.

 http://pifanoteatro.blogspot.com/

 e quedan outros e outras que non están facendo teatro agora mesmo, como Morris O alcalde de “Padre Casares”), Manquiña (“Airbag”, “Os Atlánticos”), Berta Ojea ex-viíva de “A vida por diante” e agora “Mortadelo e filemón”, Tuto, Dorotea Bárcena, Fely Manzano, Farruco, Alfonso Agra...

 

 A SEGUNDA QUINTA

Que son os que chegaron despois. Para estes a decisión de adicarsea este negocio xa non foi tan dura, ou foi menos dura, porque os anteriores abriron a pista.

 VÍCTOR MOSQUEIRA

Aquel profesor de teatro de “Upa dance” e xornalista de “A vida por diante” que salía en “Sé quien eres” de Patricia Ferreira, o Taracido de “Mareas Vivas”.  Foi a “Hospital Central”, pero non a morrer senón a maltratar á muller dun dos protagonistas.

É o actor galego que mellor asubía. Un todo terreo, actúa, canta, baila, fai acrobacias...

Que agora poden ver en calquera escenario con “Mofa e Befa”, pois el é ametade dese trío cómico, famoso, popular e admirado. O espectáculo que teñen agora en cartel é “Sempre ó lonxe”

 
http://es.geocities.com/victormosqueiraweb/

 




EVARISTO CALVO

A outra metade do trío e Mofa e Befa.

Tamén foi Xuíz en “Mareas Vivas”, compartíu elenco protagonista con Carmen Maura en “A promesa”, fixo de camareiro naprimeira tempada de “Manos a la obra”, co que lle gusta comer e cociñar.

Agora está detrás das cámaras no “Show dos tonechos” pero poden velo actuar e moi ben, con Mofa e Befa en “Sempre ó lonxe”

 




PATRICIA VÁZQUEZ

Outra que tal baila.

Foi xuíza en “Mareas Vivas”. E agora taberneira beata en “Padre Casares”, e un monte de cousas en “Air Galicia”. Foi parella de monologos con Carlos Blanco

Pero ademais, esta muller que é unha das grandes actrices de Galica, tamén polo tamaño, está agora indo tódalas fins de semana de a madrid a actuar no teatro Calderón, ou Haagen Das, co musical “Robin Hood” da compañía “Acontrabutaca”. E cando volvan que xa volven para o mes, volven a actuar por aquí, que nalgúns sitios xa estiveron.

 

CARLOS BLANCO

Deste non hai que dicir nada. “Ladislao, ou Ladillao” en “Mareas Vivas”. Aínda haberá quen lembre aquel camareiro que facía aquí na Radio Galega.  Moitas pelis, coma a de “Volver” de Almodóvar. Series de televisión españolas... presentador de “Somos unha potenzia”... Na peli “Heroína” non fixo de narco, pero si dos que opuñan ós narcos.

Case ninguén sabe que empezou a facer teatro en vilagarcía, con Josito Porto (quiosqueiro de “Pratos combinados”), Manuel Millán (cura de “Pratos combinados”) ou Tacho González (Sindo en “Padre Casares”). Eu vino actuar nun dos seus primeiros espectáculos: “O zoo de cristal” unha obra de Tenesse Williams, a compañía chamábase “Itaca”

Un dos grandes monologuistas de España, que perdera aquel concurso do “Club de la Comedia” con Eva H.

Se o buscas en Youtube o que sae é un neno prodixio que se chama igual ca el, pero o noso Carlos é mais simpático

Pois agora anda cun espectáculo qu se chama “humor neghro”

 http://www.kewego.es/video/iLyROoaftYfk.html

http://www.abada.es/ca/web/grupos.php?id=13&ts=2

 MONICA GARCÍA

Que a xente coñece por ser camareira na última tempada de “Pratos combinados” e a muller separada e maltratada de “Valderrei”. Tamén sae na peli “Galatasaray-Depor” con Luís Tosar e agora poden vela no teatro cun espectáculo que se chama “comida Chinesa· da compañía Teatro do Adro

 












JOSITO PORTO

Nese mesmo espectáculo poden ver tamén a Josito Porto, o quiosqueiro de “Pratos combinados”, médico de “efectos secundarios” e ex compañeiro de Carlos Blanco en Itaca porque comezaron xuntos, Carlos e mais Josito.

 







SUSANA DANS

Outra que ademais de actuar canta. E canta moi ben. Foi prsentadora de televisión, especializada en programas de cociña.  Protagonista na última etapa de “Pratos Combinados”.

Foi premiada moitas veces por teatro, os últimos espectáculos foron “A Piragua” e “noite de Reis” nos que compartía traballo con Pico.

E agora poden vela actuar no espectáculo “O club da calceta” con Luísa Merelas.

É un encanto.

 ANA SANTOS

Outra actriz clandestina.

E mira que lle gusta á xente cando a ven actuar.

Fixo de Pitusa en “Mareas vivas”, de tendeira en “As Leis de Celavella” e agora de Elsa en “Padre Casares”. Nuca fai ruído, pero sempre gusta. Traballa pequeno e caladiño. Discreta. Pero moi moi boa.

Nesta foto sae con FINA CALLEJA. Que fai de mulle do alcalde en “Padre Casares” a fina poden vela en calquera espectáculo da compañía Sarabela, agora andan con dous “Margar no Pazo do Tempo” e “Cristobo e o libro das marabillas”.
http://www.sarabelateatro.com/
 E ana Santos tamén fai teatro. Si señor. Parece que non pero si. E dobraxe tamén. Pero en tearo poden vela agora cun espectáculo que se chama “O avaro” da compañía teatro Galileo
 http://www.culturagalega.org/avg/persoas_detalle.php?Cod_prsa=765&busca=Ana%20Santos
 

CASILDA GARCÍA

Casilda é outra das clandestinas mais clandestinas.

É a muller do alcalde en “Libro de Familia”

Pero leva anos facendo teatro e recorrendo Galicia ca compañía Teatro de Ningures. Agora andan con dous espectáculos: “Miseria” do que falaremos, e “Emigrados” que foi premio Max 2007 ó mellor texto orixinal en galego

 MIRO MAGARIÑOS

Na foto ten cara de boa persoa, e mesmo ten pinta de dependente de ferretería.

Pero antes e ademais de actor foi hippy, artesán de coiro e non sei canto mais, tivo unha vida moi revolta, e dá para varias tardes de conversa

O Elías de “Libro de familia” ten a súa propia compañía de teatro, ten varios espectáculos, destes que chaman de pequeno formato e anda moito por escolas ademais de por teatros. Alí onde non chegan as compañías grandes, chega Miro magariños co seu telderete. Dito telderete no sentido de cousa pequena e cercana, mais que un actor, ante o público parece un colega

 




MANUEL MILLÁN

Aquí xame enfado con Wikipedia. Porque case nunca fala de teatro, parece que os actores so fan cine e televisión.

Pois merda para wikipedia.

Manuel Millán, o cura “Pratos combinados” que empezou en Itaca en Vilagarcía con Carlos Blanco e Josito Porto, fai moito teatro, foi dos primeiros que marcou a Madrid. Traballos con Berlanga, con Montxo Armendariz.

E sei que agora anda nun espectáculo de madrid, non estou seguro se é o “Rey Lear” con Alfredo Alcón, un actor arxentino extraordinario.


CELSO PARADA

A estye que fai de emigrante retornado en “Libro de familia” non o poden ver, pero si que poden ver un espectáculo da súa compañía, Teatro do Morcego, titulado “O club da Calceta” do que falamos antes.

 













CESAR CAMBEIRO

Lembranse do carteiro de “Terras de Miranda”

Pois el taén está no “O Avaro” de teatro Galileo, con Ana Santos

 MARIA PUJALTE

Esta marchou a Madrid antes de facerse famosa aquí. Empezou a facer teatro con Victor Mosqueira entre outros na compañía “O Moucho Clerc”. Marchou a Madrid e fíxose famosa na serie “Periodistas”

Agora, para vela en teatro hai que ir a Madrid, ó Teatro Español, no espectáculo “Las cuñadas”

http://www.teatroespanol.es/Las%20Cunadas/

 neste espectáculo tamén está Lorena Berdún.


 

E aquí deixamos a parte a outros desta quinta ue agora non están facen teatro como luís zahera (Petróleo de Mareas Vivas), serxio pazos (teatro caritel), belén constenla (A vida por diant), tacho gonzalez (Padre Casares), maria bouzas (Pratos combinados), Merce castro (Padre Casares), celso bugallo (La noche de los girasoles), mariana carballal (Tonechos), rebeca montero (A vida por diante), luis tosar...

 

 OS SEGUINTES

Outra quinta que vía o choio con outros ollos, con moito talento e mais formación, mais multidiciplinares porque cantan, bailan, ou fan ben algunha outra cousa que non é só actuar

 XULIO ABONJO

Que está en “Custión de Sexo” en Cuatro. Se se puxera a facer cabaret, bórdábao.

E que anda por Galicia co seu espectáculo “Hendaya Mon amour” da súa compañía, Bacana

XIRA HENDAYA, mon amour

 





MARCOS CORREA

Empezou con Xulio  Abonjo, agora sae todas as semanas no Show dos Tonechos” pero ata hai nada estaba no espectaculo do CDG “Noite de Reis”

 

http://elblogdemarcoscorrea.blogspot.com/

 









PEPO SUEVOS

O “Metralla” de “Terras de Miranda” agora sae no Show dos tonechos tamén.

Pero é un dos grandes monologuistas de galicia, onde vai repite, sempre repite.

 







 CARLOS SANTE

Unha das vellas mais coñecidas de galicia desde que sae en Luar

Ten unha compañia que se chama “San & San” que teñen un espectáculo que se chama “Bar” e anda por aí en xira.

 








E aí quedan outros como mos (Libro de familia) yolanda muíños (que saía en “efectos secundarios” pero foi marisiña en “libro de familia”) maria salgueiro (A vida por diante), marta pazos (A vida por diante), olalla salgado (A vida por diante), maria vázquez (Padre Casares), pedro alonso (Padre Casares), xosé barato (Historias de Galicia)

 

 

OS ULTIMOS

Os que acaban de chegar recén saídos do forno.

 LUCÍA REGUEIRO

A filla en “Libro de Familia” que anda polos escenarios co espectáculo “Abombilla máxica” de Teatro do Atlántico. Xunto con

 














MANU FERNÁNDEZ

(Libro de familia)

e
















DANIEL LAGO
(Terras de Miranda)

Que tamén actúan no mesmo espectáculo

 












A
LEX CARRO

Que fai de sancristán en “Padre Casares” e estivo actuando no “Romeo e Xulieta” de teatro do Noroeste, e agora está ca compañía “Cámara Negra” facendo un Ibsen que non lembro o nome

 












E quedan: manuela varela (Libro de Familia, que está de titiriteira en “Valdemuller” do CDG), maria castro (Sin tetas no hay paraíso), marián bañobre (Air Galicia), Isabel risco (Air Galicia), sara casasnovas (Amar en tiempos revueltos), silvana sestelo (Valderrei), rubén riós (Libro de Familia) , tamar novas (a vida por diante)

 E moitos mais actores e actrices.

  Que nos disfruten

 Nos teatros

Os domingos non hai piratas

venres 11 abril 2008

E non porque os piratas sexan funcionarios nin traballadores contratados, amparados por un convenio colectivo. O verdadeiro sentido desta fala hai que descubrila no espectáculo da compañía MARKELIÑE que se titula así.

 
É un espectáculo apto para tódos os públicos e tamén para os xordos, porque neste espectáculo case non hai texto. As peripecias dos personaxes séguense estupendamente polas accións e polos xestos. É un espectáculo moi visual.

 Vai dunha nena á que lle gusta moito o colar da súa avó e ésta propónlle un xogo: “¿escondémolo?” Aí empeza o xogo. Imaxinando piratas, mares e mapas, converte o seu dormitorio nunha película de aventuras.

Esconde o tesouro e adica cada día da semana a tratar de despistar ós piratas que queren roubarlle a xoia da súa avó. Este xogo dura unha semana completa de luns a venres. Sen horario nin descanso para o bocadillo. Ningún pirata colle baixa por enfermidade, que xa dixemos que non son funcionarios nin teñen convenio colectivo
                                      

Non só aparecen piratas no xogo, tamén os peixes (grandes e pequenos) do mar que rodea á illa, e os animais (grandes e pequenos) da illa
   
Nesta parte, o espectador que non estea entregado ó espectáculo, aquí ríndese. É a que fai que os espectadores queden ca boca aberta, porque todos estes animais están feitos con planchas de espuma domeadas polos actores.






Para o que tal dá a gomaespuma. Dá para facer sacos cheos de diñeiro, mapas do tesouro, perrucas, nécoras, elefantes… o plástico dá para ser mar ou ceo, a escaleira para ser casa, barco, ou incluso, incluso, incluso, mira ti, con esa escaleira chegan a  facer en escena, non se vos ocorrería nunca ¡Unha escaleira! Cunha rede fan un home alto guapo, lanzal. Precioso porque o fan á vista e non perde engado, ó contrario gáñao.

 
Así, os domingos, cando a neta vai á residencia onde está internada a avó, avó e neta comparten illa, segredo, xogo e sorrisos cómplices. Que naceron cando a avó aínda estaba no extenso continente da conciencia. Porque a nena chega chea de cores e sucesos, pero a avó chega mais valeira de luz e de memoria. Eu saín ca idea de que tiña alzheimer. Foi naufragando na súa propia illa deserta de lembranzas. Pero a complicidade mantense cada domingo cando a nena desembarca co seu pequeño tesouro na illa cada vez mais alonxada da avó

 
En resume, é unha gran historia de aventuras. Pero moi tenra.

Cando acabou o espectáculo, e saimos a rúa, saímos co aire cambiado, algo melancólicos, pero contentos. Porque a conta deste espectáculo soubemos que tiñamos moita imaxinación e podíamos ser moi boas persoas.

 
A música é de Erik Satie: Gymnopedie 1